Friday 10 de May de 2024

A rapazada dos campamentos despide xullo cun festival


Hoxe a concelleira de Cultura e Mocidade, Antía Alberte, despediu os nenos e nenas do campamento de xullo. A rapazada fixo un festival de baile e un concurso de mascotas que fixeron de maneira colectiva e colaborativa. Alberte Maneiro fixo entrega duns agasallos para os pequenos, convidándoos a desfrutar do que queda de verán e dos eventos das festas de Ribeira que darán inicio este mércores día 2 agosto.

“Levo unha grata sorpresa sabendo que moitos dos nenos de xullo repetirán en agosto, sinal de que o Concello e o monitorado están a facer un bo traballo”.

Maneiro agradeceu o traballo do monitorado, e dos pais e nais que confían na equipa pra organizar este tipo de actividades.